lunes, 9 de diciembre de 2013

Bolboreta

A técnica empregada para a realización da bolboreta foi a témpera. Os materiais que empreguei foron:
  • Témperas de distintas cores.
  • Pinceis de diferentes tamaños.
  • Unha folla de papel causon.
  • Un lápis.
Comecei por debuxar o contorno da bolboreta e máis das follas. Unha vez feito, pintei as follas de verde e o fondo de negro, deixando xa feita a silueta da bolboreta. 


O seguinte paso foi pintar de azul a bolboreta e comenzar co contorno en branco.


Seguín añadindo detalles, coma as liñas negras, os puntos laranxas e a sombra. para facer a sombra mesturei un verde escuro cunha pinguiña de azul escuro e negro.


Por último mesturei a cor branca con moita auga paraq eu as liñas da bolboreta quedaran mais naturais. O mesmo fixen coas follas, con esta técnica conseguese  que as liñas das follas parezan reais e non unha superposición do debuxo.


E por último unha vez seco este é o resultado final.


No hay comentarios:

Publicar un comentario