martes, 10 de diciembre de 2013

Collage

Para o meu último traballo escollín a técnica do collage. Os materiais que precisei foron:
  • Unha cartolina.
  • Papel de seda de diferentes cores.
  • Papel celofán de diferentes cores.
  • Tesoiras.
  • Pegamento.
  • Unha cartolina verde.
  • Un sacabocados.
Comecei por facer o fondo do mar con papel de seda azul e as algas con diferentes papeis. Unha das algas está feita cos anacos que quedan o pasarlle o sacaburatos a unha cartolina.


O seguinte foi facer unha estrela de mar. Os papeis rosas simulaban un coral, pero decidinos tapar con máis papel azul porque non que quedaban moi ben.


Unha vez rematada a estrela fixen o cangrexo con boliñas de papel de seda e a boca de papel celofán. Os ollos son de cartolina azul escura brillante.


Para rematar fixen un peixe con boliñas de papel de seda de diferentes cores. 
E este e o resultado final.


No hay comentarios:

Publicar un comentario