lunes, 9 de diciembre de 2013

Fofucha de plastilina.

O meu primeiro traballo para plástica foi facer unha boneca de plastilina. Para a súa realización empreguei os seguintes materiais:
  • Plastilina de diversas cores.
  • Unha bola e un tubo de poliespán.
  • Temperas.
  • Rotulador permanente negro.
  • Un botón.
  • Fieltro verde e vermello.
  • Unha caixa de cartón. 
  • Papel de regalo.
  • Un abalario en forma de estrela.
  • Cola branca.
  • Arame.
  • Moldeadores para plastilina.
Empecei a boneca pola cabeza. Para iso collín unha bola de poliespán e recubrina por completo con plastina. Unha metade de cor carne imitando a pel e o resto de cor azul coma se fixese un gorro. Con plastilina violeta fixenlle o pelo e coa axuda dos moldeadores para plastilina fixen os peliños. con plastilina branca fixen a parte dianteira do gorro.



Para a cara empreguei témperas e un pincel moi finiño e coloqueille unha estrela dun lado da boca. Á hora de realizarlle o vestido usei fieltro, este vai pegado o a un tubo de poliespán con pegamento e un alfinete para que lle quedase a forma desexada. para tapar o alfinete coloqueille un botón diante.


Os brazos, as pernas, os zapatos e a pulseira están feitos de plastilina e unidos o tubo de poliespán por uns palillos. 
Para que a boneca se sostivese decidín facerlle cunha caixa de colacao unha base. esta base recubrina con papel de regalo e con témpera cubrin o interior. A lúa e as estrelas están feitas cun rotulador permanente plateado.




Este é o resultado final da boneca. 
Espero que vos guste!!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario