lunes, 9 de diciembre de 2013

Mouchos de cores

O segundo traballo que fixen foi coas ceras manley. Para facelo precisei:
  • Ceras manley.
  • Unha folla de papel causon.
  • Un lápis.
  • Unha goma.
  • Un debuxo dun moucho.
  • Un bolígrafo pilot de punta fina
Empecei por dividir a folla en catro anacos iguais, e en cada un deses anacos debuxei un moucho.

 
Despois de debuxalos paseille un bolígrafo pilot de punta fina por enriba e unha vez seco borreille o lápis. E comecei a pintalo. Cada moucho leva distintas tonalidades dunha cor, indo do máis escuro ao máis claro (este último facíao pintando por riba de branco).


O problema que lle atopei a estas ceras e que ensucian moito o debuxo e ai que ir con moito tino porque se mesturan con facilidade. Para eliminar os restos de cera que me caían sobre outro anaco de debuxo, empregei a punta da tapa dun bolígrafo bic.







E este e o resultado final.


No hay comentarios:

Publicar un comentario